Benvidos e benvidas á miña páxina web, un espazo dedicado a proporcionar unha visión completa e detallada das miñas actividades profesionais, docentes e investigadoras. Aquí atoparedes información sobre o meu labor académico, os meus proxectos de investigación e as iniciativas educativas nas que participo. Actualmente, imparto clases no grao de Tradución e Interpretación, no Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional (MTCI), no Mestrado de Profesorado e no Título Propio de Especialista en Tradución para a Industria do Videoxogo (ETIV). Ademais, tamén dito seminarios ao estudantado de doutoramento no programa Tradución & Paratradución (T&P). O ETIV foi unha idea orixinal miña que presentei aos meus colegas Jose Yuste Frías e Ramón Méndez no ano 2018 e aínda segue vixente, atraendo a estudantes de moitas partes do mundo. Creamos estes estudos porque consideramos necesario ofertar un título que ofreza unha formación completa en todos os eidos da industria do videoxogo, coa finalidade de formar especialistas no exercicio profesional da tradución e interpretación neste sector estratéxico do mercado.
No contexto actual, ter unha web profesional é fundamental. Este espazo non só actúa como unha plataforma para compartir o meu traballo, senón tamén como un medio de comunicación transparente e accesible coa comunidade científica, o estudiantado e o público en xeral. Como traballador público e científico, é crucial manter unha política de transparencia en todas as miñas actividades. A ciencia debe ser accesible e comprensible para todos. A través desta web, cumpro co principio de transparencia, permitindo a calquera interesado ou interesada coñecer en profundidade o meu labor, os resultados das miñas investigacións e o impacto dos meus traballos na sociedade. A transparencia fomenta a confianza e o respecto cara ao labor científico. Compartir abertamente os meus logros, metodoloxías e resultados contribúe a unha cultura de responsabilidade e ética profesional. Esta web reflicte o meu compromiso coa ciencia, a educación e a mellora continua das miñas competencias profesionais.
Espero que atopedes útil e enriquecedora a información dispoñible aquí. Convídolles a contactar comigo para calquera consulta, colaboración ou simplemente para intercambiar ideas. Grazas por visitar a miña web e polo voso interese no meu traballo.