QUEN SON

Filius migrationis

Ola a todos e ben­vi­dos á miña nova web! Son Óscar Ferrei­ro Váz­quez e estou moi ilu­sio­na­do por poder con­tar­vos un pouco sobre o meu per­co­rri­do per­soal e pro­fe­sio­nal. Agar­do que goce­des lendo tanto como eu gocei escri­bin­do este apar­ta­do.

Suíza

Friburgo

Nacín no fer­mo­so can­tón bilin­güe de Fri­bur­go, en Suíza occi­den­tal, un país coñe­ci­do pola súa diver­si­da­de cul­tu­ral e lin­güís­ti­ca. A miña infan­cia esti­vo mar­ca­da por un ambien­te mul­ti­lin­güe: en casa e na esco­la, o fran­cés era o idio­ma pre­do­mi­nan­te, pero tamén con­vi­vía co ale­mán, o ita­liano e o por­tu­gués. Esta rique­za lin­güís­ti­ca non só me ofre­ceu unha for­ma­ción inte­gral dende cati­vo, senón que tamén esper­tou en min unha pai­xón polas lin­guas e as cul­tu­ras, así como o res­pec­to polo Outro.

Des­pois de pasar a miña infan­cia e parte da miña ado­les­cen­cia en Suíza, como todo fillo de migran­te tocou tras­la­dar­me a Gali­cia, a terra dos meus pais. En Xinzo de Limia cur­sei estu­dos de secun­da­ria e tiven que adap­tar­me nun tempo récord a unha nova reali­da­de. Este cam­bio foi un ver­da­dei­ro desa­fío por­que era para os limiáns e limiás «o Suízo» e para os suí­zos e suí­zas «le Gali­cien», cau­san­do en min un sen­ti­men­to de non per­ten­za.

Vida universitaria


A aven­tu­ra aca­dé­mi­ca con­ti­nuou en Vigo, onde me licen­ciei en Tra­du­ción e Inter­pre­ta­ción. Duran­te estes anos uni­ver­si­ta­rios, non só adqui­rín coñe­ce­men­tos téc­ni­cos, senón que tamén for­xei ami­za­des e expe­rien­cias ines­que­ci­bles. Tras obter a miña licen­cia­tu­ra, deci­dín seguir adian­te coa miña for­ma­ción aca­dé­mi­ca, com­ple­tan­do un Diplo­ma de Estu­dos Avan­za­dos (DEA) e, final­men­te, un dou­to­ra­men­to que levou por títu­lo «Por boca de» ache­gas á his­to­ria da inter­pre­ta­ción do cen­tro e sur de Amé­ri­ca (1518–1870), baixo a direc­ción de Xoán Manuel Garri­do Vila­ri­ño.

Unha das lem­bran­zas máis que­ri­das da miña vida estu­dan­til é, sen dúbi­da, a miña esta­día Eras­mus en Lis­boa. Alí, na vibran­te capi­tal por­tu­gue­sa, tiven a opor­tu­ni­da­de de coñe­cer a per­soas de todo o mundo, incluín­do paí­ses tan diver­sos como Timor Leste, Ango­la, Mozam­bi­que e Macao. Estas expe­rien­cias inter­na­cio­nais enri­que­ce­ron enor­me­men­te a miña pers­pec­ti­va cul­tu­ral e pro­fe­sio­nal.


Tras fina­li­zar os meus estu­dos, con­se­guín unha praza como fun­cio­na­rio de carrei­ra en Gali­cia, ensi­nan­do fran­cés en edu­ca­ción secun­da­ria e EOI. Con todo, a vida tiña outros plans para min, e deci­dín coller unha exce­den­cia para embar­car­me en novos pro­xectos aca­dé­mi­cos. Actual­men­te, impar­to cla­ses de grao en Tra­du­ción e Inter­pre­ta­ción a tempo com­ple­to na Uni­ver­si­da­de de Vigo, así como en diver­sos mes­tra­dos e un Títu­lo pro­pio de Espe­cia­lis­ta en Tra­du­ción para a Indus­tria do Video­xo­go (ETIV).

O ETIV é un pro­xecto moi espe­cial para min, unha idea ori­xi­nal que pre­sen­tei en 2018 aos meus cole­gas Jose Yuste Frías e Ramón Mén­dez. Dende entón, este títu­lo seguiu cre­cen­do e atraen­do a estu­dan­tes de todas par­tes do mundo. Crea­mos este pro­gra­ma co obxec­ti­vo de ofre­cer unha for­ma­ción com­ple­ta en todos os eidos da indus­tria do video­xo­go, for­man­do espe­cia­lis­tas alta­men­te capa­ci­ta­dos neste sec­tor estra­té­xi­co do mer­ca­do.

Algo máis…

Alén do meu labor docen­te, desem­pe­ñei diver­sos car­gos de xes­tión. Fun secre­ta­rio e actual­men­te son coor­di­na­dor do Mes­tra­do en Tra­du­ción para a Comu­ni­ca­ción Inter­na­cio­nal (MTCI) un pro­gra­ma que reci­biu a men­ción de exce­len­cia da Xunta de Gali­cia e, máis recen­te­men­te, o selo de cali­da­de de Mes­tra­do Euro­peo en Tra­du­ción da Direc­ción Xeral da Tra­du­ción da Comi­sión Euro­pea.

Tamén teño a honra de ser direc­tor da área de plu­ri­lin­güis­mo, depen­den­te da Vice­rrei­to­ría de Inter­na­cio­na­li­za­ción da Uni­ver­si­da­de de Vigo. Neste rol, o meu prin­ci­pal obxec­ti­vo é pro­mo­ver a apren­di­za­xe de lin­guas estran­xei­ras entre a comu­ni­da­de uni­ver­si­ta­ria, unha misión que con­si­de­ro esen­cial no noso mundo cada vez máis glo­ba­li­za­do.

Gra­zas por acom­pa­ñar­me nesta viaxe a tra­vés da miña vida e as miñas pai­xóns. Espe­ro que siga­des lendo as miñas futu­ras entra­das, onde com­par­ti­rei máis sobre os meus pro­xectos, expe­rien­cias e refle­xións.

Abur!