Liñas de investigación

do rap, o hip-hop ou o holocausto ata a américa colonial

As miñas liñas de inves­ti­ga­ción reflic­ten unha com­bi­na­ción dos meus intere­ses per­soais e expe­rien­cias de vida que mol­dea­ron a miña tra­xec­to­ria aca­dé­mi­ca. Dende neno, sem­pre tiven unha pai­xón pola his­to­ria, o que me levou a inves­ti­gar a His­to­ria da tra­du­ción e inter­pre­ta­ción na Amé­ri­ca colo­nial. O meu con­tac­to pre­ma­tu­ro coa músi­ca rap e o uni­ver­so hip-hop a prin­ci­pios dos 90 esper­tou o meu intere­se pola tra­duc­tion et lit­té­ra­tu­re des ban­lieues e o hip-hop como expre­sión artís­ti­ca e cul­tu­ral: texto rapea­do e tra­du­ción. A pelí­cu­la «La Haine» de Mathieu Kas­so­vitz, coa súa lin­gua­xe e esté­ti­ca, así como o meu con­tac­to coas comu­ni­da­des migran­tes na miña infan­cia e ado­les­cen­cia, influí­ron de xeito nota­ble nes­tas liñas de inves­ti­ga­ción.

Alén de máis, o meu pri­mei­ro con­tac­to cun tes­te­mu­ño da Shoah a tra­vés da obra de Primo Levi, «Se isto é un home», reco­men­da­da polo meu pro­fe­sor de tra­du­ción xeral Xoán Manuel Garri­do Vila­ri­ño, que pos­te­rior­men­te sería o meu direc­tor de tese, esper­tou o meu intere­se na (para)tradución do Holo­caus­to. Este intere­se expan­diu­se á (para)tradución dos fas­cis­mos, explo­ran­do como se inter­pre­ta­ron e tra­du­ci­ron estes even­tos his­tó­ri­cos trau­má­ti­cos. Nesta liña de inves­ti­ga­ción, cola­bo­ro co pres­ti­xio­so his­to­ria­dor bra­si­lei­ro Karl Schurs­ter, co que com­par­to pro­xectos de inves­ti­ga­ción cen­tra­dos nes­tas temá­ti­cas.

A His­to­ria da tra­du­ción e inter­pre­ta­ción na Amé­ri­ca colo­nial explo­ra como se des­en­vol­ve­ron estas prác­ti­cas duran­te o perío­do colo­nial e de con­quis­ta e o seu impac­to nas socie­da­des da época. No marco desta liña de inves­ti­ga­ción, afon­dei na figu­ra dos intér­pre­tes no con­tex­to das pri­mei­ras expe­di­cións euro­peas ao con­ti­nen­te ame­ri­cano e outro terri­to­rios, como é o caso de Gon­za­lo de Vigo, con­si­de­ra­do o pri­mei­ro euro­peo en deser­tar e con­vi­vir cos pobos ori­xi­na­rios. Froi­to deste tra­ba­llo, e tras unha entre­vis­ta publi­ca­da en Faro de Vigo na que fala­ba sobre esta figu­ra his­tó­ri­ca, o daque­la pre­si­den­te da Auto­ri­da­de Por­tua­ria, ao ler o arti­go, deci­diu impul­sar a rea­li­za­ción dunha escul­tu­ra en home­na­xe a Gon­za­lo de Vigo, pro­mo­ven­do así o reco­ñe­ce­men­to públi­co da súa rele­van­cia his­tó­ri­ca.

Tra­duc­tion et lit­té­ra­tu­re des ban­lieues enfó­ca­se na tra­du­ción e na lite­ra­tu­ra dos subur­bios, ana­li­zan­do como se repre­sen­tan e se tra­du­cen as voces mar­xi­na­das; e o hip-hop como expre­sión artís­ti­ca e cul­tu­ral: texto rapea­do e tra­du­ción inves­ti­ga a tra­du­ción de letras de rap e a súa rele­van­cia cul­tu­ral e artís­ti­ca.

Outra liña de inves­ti­ga­ción na que estou inmer­so é a loca­li­za­ción de video­xo­gos e todo o que rodea a indus­tria. Este intere­se xur­diu da man da posta en mar­cha do títu­lo pro­pio ETIV, dos pre­mios ETIV-UVigo e das siner­xias xera­das con empre­sas do sec­tor, o que me per­mi­tiu afon­dar nos retos espe­cí­fi­cos da tra­du­ción e adap­ta­ción cul­tu­ral no eido dos video­xo­gos, así como no seu impac­to cre­cen­te como indus­tria cul­tu­ral glo­bal.

 

o Holocausto

A (para)tradución dos fas­cis­mos e a (para)tradución do Holo­caus­to, dúas áreas crí­ti­cas exa­mi­nan como se tra­du­ci­ron e repre­sen­ta­ron estes perío­dos escu­ros da his­to­ria en dife­ren­tes con­tex­tos e lin­gua­xes. Todas estas liñas de inves­ti­ga­ción están liga­das aos estu­dos de tra­du­ción e inter­pre­ta­ción en xeral e á noción de para­tra­duc­ción, da École de Vigo, en par­ti­cu­lar, un enfo­que que con­si­de­ra non só o texto tra­du­ci­do, senón tamén os ele­men­tos para­tex­tuais e cul­tu­rais que rodean e afec­tan o pro­ce­so de tra­du­ción.

As miñas expe­rien­cias per­soais non só enri­que­ce­ron a miña com­pren­sión des­tes temas, senón que tamén guia­ron a miña inves­ti­ga­ción cara a áreas que com­bi­nan a miña pai­xón pola his­to­ria, a cul­tu­ra e a músi­ca, e o meu com­pro­mi­so coa memo­ria his­tó­ri­ca e a xus­ti­za social.