BENVIDOS E BENVIDAS

Este espazo está dedicado a proporcionar unha visión completa e detallada das miñas actividades profesionais, docentes e investigadoras

A RAZÓN DESTA WEB

No con­tex­to actual, ter unha web pro­fe­sio­nal é fun­da­men­tal. Este espa­zo non só actúa como unha pla­ta­for­ma para com­par­tir o meu tra­ba­llo, senón tamén como un medio de comu­ni­ca­ción trans­pa­ren­te e acce­si­ble coa comu­ni­da­de cien­tí­fi­ca, o estu­dan­ta­do e o públi­co en xeral. A cien­cia debe ser acce­si­ble e com­pren­si­ble para todos. A trans­pa­ren­cia fomen­ta a con­fian­za e o res­pec­to cara ao labor cien­tí­fi­co. Com­par­tir aber­ta­men­te os meus logros, meto­do­lo­xías e resul­ta­dos con­tri­búe a unha cul­tu­ra de res­pon­sa­bi­li­da­de e ética pro­fe­sio­nal. Esta web reflic­te o meu com­pro­mi­so coa cien­cia, a edu­ca­ción e a mello­ra con­ti­nua das miñas com­pe­ten­cias pro­fe­sio­nais.

Espe­ro que ato­pe­des útil e enri­que­ce­do­ra a infor­ma­ción dis­po­ñi­ble aquí. Con­ví­do­vos a con­tac­tar comi­go para cal­que­ra con­sul­ta, cola­bo­ra­ción ou sim­ple­men­te para inter­cam­biar ideas. Gra­zas por visi­tar a miña web e polo voso intere­se no meu tra­ba­llo.

O que fago

Actual­men­te, impar­to cla­ses no grao de Tra­du­ción e Inter­pre­ta­ción, no Mes­tra­do en Tra­du­ción para a Comu­ni­ca­ción Inter­na­cio­nal (MTCI) Más­ter Uni­ver­si­ta­rio Exce­len­te da Xunta de Gali­cia e Más­ter Euro­peo en Tra­du­ción (EMT) da Direc­ción Xeral de Tra­du­ción da Comi­sión Euro­pea―, no Mes­tra­do Uni­ver­si­ta­rio en Pro­fe­so­ra­do en Edu­ca­ción Secun­da­ria Obri­ga­to­ria, Bacha­re­la­to, For­ma­ción Pro­fe­sio­nal e Ensino de Idio­mas e no Títu­lo Pro­pio de Espe­cia­lis­ta en Tra­du­ción para a Indus­tria do Video­xo­go (ETIV). Ade­mais, tamén dito semi­na­rios ao estu­dan­ta­do de dou­to­ra­men­to no pro­gra­ma Tra­du­ción & Para­tra­du­ción (T&P). O ETIV foi unha idea ori­xi­nal miña que pre­sen­tei aos meus cole­gas Jose Yuste Frías e Ramón Mén­dez no ano 2018 e aínda segue vixen­te, atraen­do a estu­dan­tes de moi­tas par­tes do mundo. Crea­mos estes estu­dos por­que con­si­de­ra­mos nece­sa­rio ofer­tar un títu­lo que ofre­za unha for­ma­ción com­ple­ta en todos os eidos da indus­tria do video­xo­go, coa fina­li­da­de de for­mar espe­cia­lis­tas no exer­ci­cio pro­fe­sio­nal da tra­du­ción e inter­pre­ta­ción neste sec­tor estra­té­xi­co do mer­ca­do.

Neste con­tex­to, no ano 2022 puxe­mos en mar­cha os pre­mios ETIV-Uvigo, unha ini­cia­ti­va que se con­ver­teu nunha exten­sión fun­da­men­tal deste pro­xecto for­ma­ti­vo pio­nei­ro. Estes galar­dóns teñen como obxec­ti­vo reco­ñe­cer o talen­to e a exce­len­cia na tra­du­ción e loca­li­za­ción de video­xo­gos. Cun total de oito cate­go­rías, des­ta­can tres espe­cí­fi­cas dedi­ca­das á loca­li­za­ción de video­xo­gos en gale­go, cata­lán e éus­ca­ro, pro­mo­ven­do o uso e a visi­bi­li­za­ción das lin­guas pro­pias do Esta­do espa­ñol neste sec­tor estra­té­xi­co. A tra­vés des­tes pre­mios, reafir­ma­mos o noso com­pro­mi­so coa for­ma­ción inte­gral dos pro­fe­sio­nais e coa pro­mo­ción da diver­si­da­de lin­güís­ti­ca no eido dixi­tal.

.

Conversamos?

Sem­pre estou aber­to a todo tipo de pro­xectos e ideas que poi­dan encai­xar en todo o mundo no que me movo. Se que­res con­tac­tar con­mi­go podes face­lo a tra­vés do seguin­te link ou dos datos de con­tac­to da parte infe­rior da web.