Uso de tradutores automáticos e aprendizaxe de lingua francesa en 2.º de bacharelato

Referencia bibliográfica

Ferrei­ro-Váz­quez, Óscar; Torres-Outón, Sara María (2023). Uso de tra­duc­to­res auto­má­ti­cos y apren­di­za­je de len­gua fran­ce­sa en 2.º de bachi­lle­ra­to. En José Ramón Calvo-Ferrer y Sara María Torres Outón [eds.] Tec­no­lo­gías apli­ca­das a la tra­duc­ción y al apren­di­za­je de len­guas, pp. 7–22. ISBN: 978–84-1369–428‑3. Gra­na­da: Edi­to­rial Coma­res

Lin­gua de publi­ca­ción:

espa­ñol

Resumo

Os sis­te­mas de tra­du­ción auto­má­ti­ca eli­mi­nan a barrei­ra lin­güís­ti­ca cando hai un com­ple­to des­co­ñe­ce­men­to do idio­ma, com­ple­men­tan o coñe­ce­men­to lin­güís­ti­co cando este exis­te e, ade­mais, son unha ferra­men­ta ao ser­vi­zo dos pro­fe­sio­nais da tra­du­ción. Este tra­ba­llo, a tra­vés dunha revi­sión docu­men­tal, pre­ten­de ache­gar­se á apli­ca­ción dos sis­te­mas de tra­du­ción auto­má­ti­ca no pro­ce­so de ensino-apren­di­za­xe e des­cu­brir, median­te unha con­sul­ta a estu­dan­tes de segun­do de bacha­re­la­to inmer­sos no apren­di­za­xe da lin­gua fran­ce­sa na comu­ni­da­de autó­no­ma gale­ga, o uso que se fai das ferra­men­tas de tra­du­ción asis­ti­da por orde­na­dor. As evi­den­cias reco­lli­das mos­tran que as ferra­men­tas TIC son uti­li­za­das no pro­ce­so de ensino-apren­di­za­xe da lin­gua estran­xei­ra e que os sis­te­mas de tra­du­ción auto­má­ti­ca están pre­sen­tes nos recur­sos audio­vi­suais que con­su­men.