Trauma e paratradución: unha abordaxe histórica do Holocausto no cómic «O testamento de Magneto»

Referencia bibliográfica

Schurs­ter, Karl y Ferrei­ro-Váz­quez, Óscar (2023).  «Trau­ma y para­tra­duc­ción: un abor­da­je his­tó­ri­co del Holo­caus­to en el cómic “El tes­ta­men­to de Mag­ne­to». Revis­ta Bra­si­lei­ra de His­tó­ria, V. 43, nº 94, pp. 255–259. e43357.  ISSN: 0102–0188| DOI: https://doi.org/10.1590/1806–93472023v43n94-13

Lin­gua de publi­ca­ción:

espa­ñol

Resumo

Esta con­tri­bu­ción ten como obxec­ti­vo estu­dar a rela­ción entre a his­to­ria do per­so­na­xe Mag­ne­to dos X‑Men, a his­to­ria do Holo­caus­to e o méto­do para­tra­du­ti­vo crea­do pola Esco­la de Vigo. Con­si­de­ra­re­mos os cómics como fon­tes his­tó­ri­cas, por­que repre­sen­tan o pasa­do e uti­li­zan o rela­to fic­cio­nal como forma de pen­sar e pro­ble­ma­ti­zar a reali­da­de his­tó­ri­ca. Pre­sen­ta­re­mos a noción de para­tra­du­ción para demos­trar como esta ferra­men­ta é fun­da­men­tal para a inves­ti­ga­ción sobre este tema. A aná­li­se rea­li­za­ra­se a tra­vés dos cómics dos X‑Men que bus­can recons­truír o per­co­rri­do bio­grá­fi­co do per­so­na­xe Mag­ne­to, pasan­do pola viven­cia do trau­ma social colec­ti­vo da Shoah. Así, a nosa inten­ción é mos­trar como a sacra­li­za­ción dun tema xa tan bana­li­za­do polo «exce­so de lin­gua­xe e repre­sen­ta­ción» acaba indu­cin­do narra­ti­vas que serían máis «apro­pia­das» que outras para repre­sen­tar o trau­ma social colec­ti­vo.