Dominick LaCapra: teoría e historiografía del Holocausto

Referencia bibliográfica
Schurster, Karl; de Morais Leite, Alana e Ferreiro Vázquez, Óscar (2026). Dominick LaCrapra: teoría e historiografía del Holocausto. Boletim Historiar, 12 (2), 3–18. Universidade Federal de Sergipe.
 

Lin­gua de publi­ca­ción:

espa­ñol

Resumo

Este arti­go ana­li­za a con­tri­bu­ción de Domi­nick LaCa­pra á teo­ría his­to­rio­grá­fi­ca do Holo­caus­to, salien­tan­do a súa abor­da­xe inter­dis­ci­pli­na­ria e o uso de con­cep­tos psi­ca­na­lí­ti­cos na aná­li­se de trau­mas his­tó­ri­cos. Estru­tu­ra­do en tres eixos, o texto explo­ra a tra­xec­to­ria aca­dé­mi­ca de LaCa­pra e a súa influen­cia nos deba­tes sobre repre­sen­ta­ción e obxec­ti­vi­da­de na his­to­rio­gra­fía. A con­ti­nua­ción, dis­cu­te como o autor adap­ta con­cep­tos freu­dia­nos, como loito, melan­co­lía e trans­fe­ren­cia, para abor­dar as com­ple­xi­da­des da his­to­ria fron­te a acon­te­ce­men­tos trau­má­ti­cos. LaCa­pra pro­pón unha «memo­ria crí­ti­ca lúci­da» que fomen­ta unha rela­ción dia­ló­xi­ca entre pasa­do e pre­sen­te, pro­mo­ven­do unha «preo­cu­pa­ción empá­ti­ca» que evita a iden­ti­fi­ca­ción total co sufri­men­to alleo e res­pec­ta a alte­ri­da­de. Este estu­do des­ta­ca a rele­van­cia da memo­ria e da ética na escri­ta his­tó­ri­ca, suxe­rin­do que a com­pren­sión do trau­ma é esen­cial para unha his­to­rio­gra­fía crí­ti­ca e trans­for­ma­do­ra.