Traducir e interpretar o público

Referencia bibliográfica
Ferrei­ro-Váz­quez, Óscar (2016). Tra­du­cir e inter­pre­tar lo públi­co (ed.). Pró­lo­go de M. Puli­do Correa. Gra­na­da: Edi­to­rial Coma­res, colec­ción Inter­lin­gua. ISBN: 978–84-9045–350‑6

Lin­gua de publi­ca­ción:

espa­ñol

Reseñado en:

Garri­do Vila­ri­ño, Xoán Manuel (2016).  Estu­dios His­pá­ni­cos. ISSN 2084–2546, N.º. 24, págs. 180–184

Reseñado en:

Fari­ñas Garro­te, Bea­triz (2017). Muta­tis Mutan­dis: Revis­ta Lati­no­ame­ri­ca­na de Tra­duc­ción, ISSN‑e 2011–799X, Vol. 10, N.º. 1, págs. 313–316

Reseñado en:

Garri­do Vila­ri­ño, Xoán Manuel (2016). Cader­nos de tra­dução, ISSN‑e 2175–7968, ISSN 1414–526X, Vol. 37, N.º 3, págs. 343–349

Reseñado en:

Garri­do Vila­ri­ño, Xoán Manuel (2017).  Dirā­sāt His­pā­ni­cas: Revis­ta Tune­ci­na de Estu­dios His­pá­ni­cos, ISSN‑e 2286–5977, N.º 4, págs. 281–2

Resumo

A dis­cu­sión sobre iden­ti­da­des é un dos temas que abor­da o libro Tra­du­cir e inter­pre­tar o públi­co, prin­ci­pal­men­te desde os pos­tu­la­dos da para­tra­du­ción. O tema da iden­ti­da­de ató­pa­se na orde do día na tra­du­to­lo­xía con­tem­po­rá­nea. A refle­xión sobre a cons­tru­ción, acep­ta­ción ou bana­li­za­ción de iden­ti­da­des está en estrei­ta cone­xión coa dis­cu­sión sobre o públi­co, e sobre a pres­ta­ción dun ser­vi­zo públi­co e a tra­du­ción. Un ser­vi­zo que debe ter en conta, sen dúbi­da, as iden­ti­da­des alte­ra­das, ines­ta­bles, sem­pre cam­bian­tes, dunha mul­ti­pli­ci­da­de de usua­rios, que se ato­pan cada vez máis en con­ti­nuo des­pra­za­men­to.

Iden­ti­da­des en per­ma­nen­te trans­for­ma­ción, que tamén deben ser tidas en conta nos pro­ce­sos de loca­li­za­ción con fins de adap­ta­ción de pro­du­tos aos dife­ren­tes mer­ca­dos; estes pro­ce­sos apóian­se inevi­ta­ble­men­te nas per­cep­cións iden­ti­ta­rias dos con­tex­tos nos que pre­ten­den incur­sio­nar. Pode­ria­mos cri­ti­car isto como unha estra­te­xia de mani­pu­la­ción para o con­su­mo, pero tamén se trata dunha forza que move a eco­no­mía dunha socie­da­de e que vai for­man­do parte, quei­rá­mo­lo ou non, da idio­sin­cra­sia dun grupo social. É o caso dos video­xo­gos e das nume­ro­sas varian­tes, e de diver­sas natu­re­zas, que inter­ve­ñen na súa pro­du­ción e efi­ca­cia.