Vigo consolídase como referente na localización de videoxogos coa III Edición dos Premios ETIV

Este pasa­do ven­res tiven o pri­vi­le­xio de pre­sen­tar a III Edi­ción dos Pre­mios ETIV-UVIGO, cele­bra­da no Cen­tro Comer­cial Via­lia de Vigo. Foi unha xor­na­da ines­que­ci­ble na que a inno­va­ción e a exce­len­cia na loca­li­za­ción de video­xo­gos foron as autén­ti­cas pro­ta­go­nis­tas. Como codi­rec­tor do títu­lo pro­pio de Espe­cia­lis­ta en Tra­du­ción para a Indus­tria do Video­xo­go (ETIV) e coor­di­na­dor do Más­ter en Tra­du­ción para a Comu­ni­ca­ción Inter­na­cio­nal (MTCI), emo­ció­na­me ver como este pro­xecto medra ano tras ano.

Antes da gala, orga­ni­za­mos un tri­vial inter­ac­ti­vo que ser­viu como ape­ri­ti­vo lúdi­co para ini­ciar a xor­na­da. Máis de 100 per­soas par­ti­ci­pa­ron con entu­sias­mo, poñen­do a proba os seus coñe­ce­men­tos sobre video­xo­gos, tra­du­ción e cul­tu­ra popu­lar nun ambien­te entre­ti­do e par­ti­ci­pa­ti­vo.

Xunto aos meus com­pa­ñei­ros Ramón Mén­dez e Emma­nuel Bour­goin, inau­gu­ra­mos ofi­cial­men­te o acto. Rei­vin­di­ca­mos a impor­tan­cia da pro­fe­sio­na­li­za­ción da loca­li­za­ción e da visi­bi­li­za­ción do labor dos equi­pos de tra­du­ción e adap­ta­ción de video­xo­gos, sen esque­cer tras­la­dar os saú­dos do noso com­pa­ñei­ro José Yuste Frías, ausen­te por com­pro­mi­sos pro­fe­sio­nais.

Con­ta­mos coa pre­sen­za de auto­ri­da­des como Lara Mene­ses, direc­tor Xeral de Xuven­tu­de (Xunta de Gali­cia), Mari­bel del Pozo, vice­rrei­to­ria de inter­na­cio­na­li­za­ción (Uni­ver­si­da­de de Vigo) e Car­los López Font, con­ce­llei­ro do equi­po de goberno (Con­ce­llo de Vigo), que res­pal­da­ron co seu apoio ins­ti­tu­cio­nal este pro­xecto que xa é todo un refe­ren­te.

Duran­te a gala, Ramón salien­tou o tra­ba­llo for­ma­ti­vo que des­en­vol­ve­mos no ETIV, que abri­rá en xuño o prazo de ins­cri­ción para a súa oita­va edi­ción. Máis de 150 pro­fe­sio­nais for­ma­dos con­nos­co están a tra­ba­llar hoxe no mundo da loca­li­za­ción, tanto en Gali­cia como fóra dela, o que me enche de orgu­llo.

Cóm­pre lem­brar que o ETIV naceu no seo do noso Más­ter MTCI, reco­ñe­ci­do pola Xunta como más­ter exce­len­te —o único neste nivel nas Huma­ni­da­des e Cien­cias Sociais— e mem­bro da rede euro­pea da Direc­ción Xeral de Tra­du­ción da Comi­sión Euro­pea, sendo o único más­ter gale­go e un dos oito das uni­ver­si­da­des públi­cas espa­ño­las que per­ten­cen a esta rede.

Estes foron os galar­dóns entre­ga­dos nesta edi­ción:

  • Mellor loca­li­za­ción con dobra­xe: Prin­ce of Per­sia: The Lost Crown
  • Mellor loca­li­za­ción sen dobra­xe: Final Fan­tasy VII: Rebirth
  • Mellor loca­li­za­ción indie: Death of the Repro­ba­te
  • Mellor xogo en gale­go: Tin­tin Repor­ter: Os xaru­tos do faraón
  • Mellor xogo en éus­ca­ro: Clothes Line
  • Mellor xogo en cata­lán: 3 Minu­tes to Mid­night
  • Video­xo­go máis acce­si­ble: Prin­ce of Per­sia: The Lost Crown
  • Pre­mio Mano­lo Ramos ao mellor tra­ba­llo de inves­ti­ga­ción: José Ramón Calvo-Ferrer e Anto­nio Jesús Muñoz-Ville­na (Uni­ver­si­tat d’Alacant)

Sen­tín espe­cial emo­ción no momen­to da entre­ga do Pre­mio Mano­lo Ramos, que home­na­xea a quen foi vice­rrei­tor da Uni­ver­si­da­de de Vigo e un dos gran­des impul­so­res do ETIV. Para min, falar do seu lega­do e do seu com­pro­mi­so coa inno­va­ción edu­ca­ti­va foi un momen­to moi espe­cial.

A xor­na­da pechou cunha men­sa­xe ins­pi­ra­do­ra de Emma­nuel: «Siga­mos tra­du­cin­do, siga­mos xogan­do, siga­mos crean­do cul­tu­ra desde Gali­cia.» Unha cha­ma­da a con­ti­nuar tra­ba­llan­do por unha indus­tria de video­xo­gos máis ética, diver­sa e con pro­fun­das raí­ces na nosa terra.