Teño o pracer de anunciar que fun convidado, xunto co meu colegaJosé Yuste Frías, a participar no prestixioso Trayecto en Traductología, unha destacada iniciativa académica coordinada pola Dra. Giselle Brenda Pernuzzi no seo da Facultad de Lenguas da ilustre Universidad Nacional de Córdoba (Arxentina).
Este Trayecto configura un espazo de excelencia para a reflexión e o debate arredor da tradutoloxía, mediante un ciclo anual de seminarios, cursos e obradoiros que buscan afondar nos retos e paradigmas emerxentes da disciplina.
Será no marco desta proposta que a Escola de Vigo fará acto de presenza o vindeiro 16 de maio de 2025, ás 17:00 h (hora de España), 12:00 h (hora de Arxentina), coa conferencia que impartiremos baixo o título:
Paratraducción: la corriente traductológica de la Escuela de Vigo en la era de la transmedialidad
A conferencia será retransmitida en liña e está aberta a todas as persoas interesadas. Pódese acceder premendo aquí.