Inaugúrase a II edición do Congreso Internacional ParatradIT 2026

Hoxe inau­gu­ra­mos a II edi­ción do Con­gre­so Inter­na­cio­nal de Para­tra­du­ción, Inter­lin­guas e Trans­me­dia (Para­tra­dIT 2026), cul­mi­nan­do así meses de inten­so tra­ba­llo e pre­pa­ra­ción por parte de todo o equi­po orga­ni­za­dor, do que formo parte.

É para nós unha gran­de honra dar a ben­vi­da a este encon­tro, que cele­bra­mos na Uni­ver­si­da­de de Vigo e tamén en for­ma­to en liña. Esta segun­da edi­ción con­fir­ma que aquel impul­so ini­cial non só se man­tén, senón que medra e se con­so­li­da como un pro­xecto cien­tí­fi­co e pro­fe­sio­nal de refe­ren­cia.

Nesta edi­ción reu­ní­mo­nos 261 per­soas, entre elas 65 rela­to­res e rela­to­ras e 196 asis­ten­tes. Pero alén das cifras, hai un ele­men­to fun­da­men­tal: o carác­ter ver­da­dei­ra­men­te inter­na­cio­nal do con­gre­so. Con­ta­mos con rela­to­res pro­ce­den­tes de sete paí­ses —desde Hong Kong ata Bra­sil— e con asis­ten­tes de máis de vinte paí­ses de todo o mundo. Esta diver­si­da­de non é só unha rique­za, senón que cons­ti­túe a pro­pia esen­cia da tra­du­ción.

Na miña inter­ven­ción des­ta­quei tamén a ledi­cia de reen­con­trar­me con cole­gas cos que fun coin­ci­din­do ao longo des­tes anos en dis­tin­tos even­tos, algo que reflic­te a con­so­li­da­ción dunha comu­ni­da­de cien­tí­fi­ca e pro­fe­sio­nal com­pro­me­ti­da e en cons­tan­te diá­lo­go.

Para­tra­dIT ten a súa orixe no con­gre­so techLING 2021, orga­ni­za­do xunto coa Uni­ver­si­da­de do Minho e cele­bra­do inte­gra­men­te en remo­to nun con­tex­to espe­cial­men­te desa­fian­te. A pri­mei­ra edi­ción en 2024 de Para­tra­dIT supu­xo un paso adian­te cun for­ma­to híbri­do en cola­bo­ra­ción coa Uni­ver­si­da­de de Cór­do­ba, e nesta segun­da edi­ción suma­mos tamén a par­ti­ci­pa­ción da Uni­ver­si­tat d’Alacant. En menos de cinco anos, fomos quen de impul­sar tres even­tos inter­na­cio­nais, refle­xo do dina­mis­mo e da capa­ci­da­de de cola­bo­ra­ción deste pro­xecto.

Nun momen­to no que a tra­du­ción se enfron­ta a retos clave como a dixi­ta­li­za­ción, a inte­li­xen­cia arti­fi­cial ou as narra­ti­vas trans­me­dia, encon­tros como Para­tra­dIT con­vér­ten­se en espa­zos impres­cin­di­bles para pen­sar colec­ti­va­men­te, deba­ter e avan­zar.

Expre­sei o meu agra­de­ce­men­to ás rela­to­ras e rela­to­res, por com­par­tir o seu coñe­ce­men­to e expe­rien­cia, e tamén a todas as per­soas asis­ten­tes, por facer posi­ble este encon­tro. Agar­do que estes días sexan non só un espa­zo de apren­di­za­xe, senón tamén de diá­lo­go, encon­tro e ins­pi­ra­ción.

Come­za así unha nova edi­ción de Para­tra­dIT, que afron­ta­mos con ilu­sión e res­pon­sa­bi­li­da­de, cons­cien­tes da súa rele­van­cia para com­pren­der o pre­sen­te e o futu­ro da tra­du­ción.

Impacto nos medios de comunicación

R. V. (26/03/2026). Más de 250 per­so­nas, en el Con­gre­so Inter­na­cio­nal de Para­tra­duc­ción. Faro de Vigo

Redac­ción (26/03/2026). 250 per­so­nas de 30 paí­ses, en el con­gre­so ‘Para­tra­dIT’. Atlán­ti­co Dia­rio

Eche­va­rría Figue­roa, M.ª del Car­men (25/03/2026). Máis de 250 per­soas de case unha trin­te­na de paí­ses par­ti­ci­pan desde hoxe na UVigo no Con­gre­so Inter­na­cio­nal Para­tra­dIT. Dia­rio da Uni­ver­si­da­de de Vigo. Dis­po­ñi­ble en rede aquí.  

DUVI (04/12/2025). O Con­gre­so Inter­na­cio­nal de Para­tra­du­ción, Inter­lin­guas e Trans­me­dia cele­bra­rá a súa segun­da edi­ción en marzo de 2026. Dia­rio da Uni­ver­si­da­de de Vigo. Dis­po­ñi­ble en rede aquí