Referencia bibliográfica
Ferreiro-Vázquez, Óscar (2013). El vínculo entre intérprete y Audiencia de Indias: Cohecho y recaudación. En: X. Montero Domínguez (ed.) Traducción para la comunicación internacional. Granada: Editorial Comares, pp. 155–167. ISBN: 978–84-9045–104‑5
Lingua de publicación:
español
Resumo
Malia a omnipresencia dos intérpretes na conquista e colonización española en América, a historia da interpretación segue sendo un área de estudo pouco explorada. É grazas á historiografía de estudiosos como Alonso, Baigorri e Payàs que se comezou a entender de que maneira os intérpretes xogaron un papel decisivo na conquista e colonización de América. Aínda que o difícil acceso a fontes documentais da época colonial ás veces dificulta a súa investigación, isto non impide comprender como os mediadores lingüísticos desempeñaron o seu oficio. Con este traballo pretendemos achegar un pouco máis a figura do intérprete á comunidade científica, abordando a relación que tiveron os mediadores lingüísticos coas audiencias e como foron figuras clave na recadación de tributos, ao mesmo tempo que eran vixiados para evitar delitos de fraude e mal uso do seu oficio.