III Edición dos Premios ETIV-UVIGO á Localización de videoxogos: a gran cita do ano para amantes da tradución e os videoxogos

O vin­dei­ro ven­res 30 de maio ás 19:00 h, o Cen­tro Comer­cial Via­lia de Vigo trans­for­ma­ra­se no epi­cen­tro da loca­li­za­ción de video­xo­gos coa cele­bra­ción da III Edi­ción dos Pre­mios ETIV-UVIGO á loca­li­za­ción de video­xo­gos. Este even­to, xa con­so­li­da­do como unha refe­ren­cia no pano­ra­ma esta­tal, está orga­ni­za­do polo Mes­tra­do en Tra­du­ción para a Comu­ni­ca­ción Inter­na­cio­nal (MTCI) e o títu­lo pro­pio de Espe­cia­lis­ta en Tra­du­ción para a Indus­tria do Video­xo­go (ETIV), en cola­bo­ra­ción co grupo de inves­ti­ga­ción TI4 Tra­du­ción & Para­tra­du­ción.

Un even­to para gozar, apren­der e cele­brar xun­tos

Antes da entre­ga dos galar­dóns, ás 18:00 h, o públi­co pode­rá par­ti­ci­par nun tri­vial inter­ac­ti­vo, pen­sa­do para diver­tir­se e apren­der ao mesmo tempo. Esta acti­vi­da­de lúdi­ca, aber­ta a toda a cida­da­nía, inclui­rá aga­sa­llos e será unha exce­len­te opor­tu­ni­da­de para facer comu­ni­da­de e com­par­tir o entu­sias­mo pola loca­li­za­ción de video­xo­gos.

O reco­ñe­ce­men­to a un pro­xecto con voca­ción inter­na­cio­nal

Naci­dos no seo do títu­lo de Espe­cia­lis­ta en Tra­du­ción para a Indus­tria do Video­xo­go, estes pre­mios cele­bran xa a súa ter­cei­ra edi­ción, reco­llen­do o froi­to dun tra­ba­llo aca­dé­mi­co e pro­fe­sio­nal que medra ano tras ano. O títu­lo ETIV, que vai pola súa oita­va edi­ción, reúne alum­na­do de Gali­cia, de toda Espa­ña e mesmo do estran­xei­ro, con­ver­tén­do­se nun punto de encon­tro de talen­to e pai­xón pola tra­du­ción.

A gala con­ta­rá con repre­sen­tan­tes ins­ti­tu­cio­nais, aca­dé­mi­cos e pro­fe­sio­nais, o que refor­za o pres­ti­xio dun pro­xecto que naceu na Uni­ver­si­da­de de Vigo e que hoxe xa ten unha clara pro­xec­ción inter­na­cio­nal.

Un cam­bio de esce­na­rio para abrir­se á cida­de

Este ano, a esco­lla do Cen­tro Comer­cial Via­lia como sede do even­to busca ache­gar a tra­du­ción á rúa e facer da loca­li­za­ción de video­xo­gos unha dis­ci­pli­na máis pró­xi­ma ao públi­co xeral. Un espa­zo acce­si­ble, moderno e diná­mi­co, per­fec­to para dar visi­bi­li­da­de a unha pro­fe­sión en auxe e reco­ñe­cer o talen­to do novo estu­dan­ta­do.

Pode­des con­sul­tar máis infor­ma­ción e fotos das edi­cións ante­rio­res aquí:
http://premios.etiv.webs.uvigo.es/es/

Vémo­nos o 30 de maio en Via­lia!