Referencia bibliográfica
Reiss, C y Ehrlich, M. [eds]. Holocausto: tudo o que você precisa saber: 70 perguntas e respostas (Óscar Ferreiro Vázquez y Karl Schurster, Trad.). ISBN: 978–65-00–63039‑8. São Paulo: Ed. dos autores.
Lingua de publicación:
português
Resumo
A tradución ao español do libro «HOLOCAUSTO – tudo o que você precisa saber: 70 perguntas e respostas», unha obra orixinalmente escrita en portugués por Carlos Reiss e Michel Ehrlich, aborda de forma clara e concisa un dos episodios máis escuros da historia.
O proceso de tradución no que participamos, Karl Schurster mais eu, supuxo un importante exercicio de precisión e sensibilidade, xa que o tema do Holocausto require non só un rigor histórico impecable, senón tamén a conservación da carga emocional e do respecto polo texto orixinal. Un dos maiores desafíos consistiu en atopar os equivalentes en español para termos e conceptos específicos que, no contexto do Holocausto, teñen unha enorme carga semántica e emocional. Ademais, realizáronse adaptacións culturais e contextuais, para garantir que o contido fose accesible e relevante para os lectores hispanofalantes, especialmente en España.
Esta obra estrutúrase en 70 preguntas e respostas que ofrecen explicacións claras e accesibles sobre aspectos fundamentais do Holocausto. Serve como ferramenta educativa esencial para combater o negacionismo e a desinformación, ademais de proporcionar apoio aos educadores que desexen abordar este tema nas aulas.
A tradución deste libro non só supón un exercicio académico e profesional destacado, senón que tamén contribúe á educación e á memoria histórica, ofrecendo unha ferramenta valiosa para a reflexión sobre o pasado e as ensinanzas para o presente.