Referencia bibliográfica
Garrido Vilariño Xoán Manuel. Ferreiro-Vázquez, Óscar y Rodríguez Travieso, María Laura (2020). «Holocausto y Memoria: investigación y formación en Galicia». Cuestiones Pedagógicas, ISSN 0213–7771Vol. 1, N.º29, pp. 49–61. https://doi.org/10.12795/CP.2020.i29Lingua de publicación:
español
Resumo
Pretendemos realizar unha investigación sobre a transmisión do Holocausto en Galicia dende os comezos do novo milenio ata a actualidade. Esta iniciativa xurdiu no seio do grupo TI4, Tradución & Paratradución da Universidade de Vigo, e desenvolveuse a través de publicacións en revistas especializadas, conferencias e a creación de materiais audiovisuais que recuperan os testemuños das vítimas galegas (Joaquín Balboa) e do Xenocidio (os douscentos mortos en Mauthausen) das ditaduras totalitarias nazi e franquista, así como a acción salvadora de xudeus europeos levada a cabo polas irmás Touza. A divulgación está orientada á formación de formadores entre o profesorado de ensino primario e secundario a través do curso en liña Ensinar o Holocausto (Plataforma PLATEGA, 2015) e da docencia da asignatura de libre configuración do centro Holocausto e Memoria. Neste artigo, recóllese a práctica totalidade das referencias bibliográficas, en papel e en liña, tanto da produción científica como dos recursos audiovisuais para a ensinanza da memoria do Holocausto.