ACTIVIDADE EN EMPRESAS E PROFESIÓN LIBRE
Sumando a miña experiencia como tradutor autónomo e como responsable de xestión de proxectos de tradución nunha empresa recoñecida de Vigo, acumulei un total de 10 anos, 7 meses e 20 días de traballo no mercado laboral. Esta extensa traxectoria permitiume manter un contacto directo coas necesidades e dinámicas do sector profesional, o cal é fundamental para un profesor universitario. Estar en contacto co mercado laboral e a empresa non só enriquece o ensino con exemplos prácticos e actuais, senón que tamén garante que o estudantado reciba unha formación que os prepare adecuadamente para encarar os desafíos do mundo profesional. A continuación, detallaranse as miñas experiencias e logros neste ámbito.