Defensa da tese de doutoramento de Olaya Martínez Sánchez do Programa de Doutoramento en Tradución e Paratradución da Universidade de Vigo

Con­tri­bu­cións des­ta­ca­das

A tese pro­pón unha lec­tu­ra do tra­du­tor xura­do como pro­fe­sio­nal ambi­va­len­te, situa­do entre dous polos: por un lado, a súa con­di­ción de axen­te auto­ri­za­do polo Esta­do para emi­tir tra­du­cións con valor legal; por outro, o seu rol como pres­ta­dor de ser­vi­zos no mer­ca­do libre. Neste sen­ti­do, o tra­ba­llo ofre­ce unha refle­xión espe­cial­men­te valio­sa sobre a para­tra­du­ción xura­da, enten­di­da como unha prác­ti­ca pro­fe­sio­nal que non pode expli­car­se sen aten­der á súa dimen­sión ins­ti­tu­cio­nal, tex­tual, comer­cial e nor­ma­ti­va.

O enfo­que teó­ri­co-prác­ti­co da inves­ti­ga­ción, unido ao seu carác­ter pio­nei­ro na aná­li­se da dimen­sión para­tex­tual da tra­du­ción xura­da, con­ver­te esta tese nunha ache­ga rele­van­te tanto para a tra­du­to­lo­xía como para os estu­dos pro­fe­sio­nais da tra­du­ción e a inter­pre­ta­ción.

A defen­sa terá lugar na sala B3 da Uni­ver­si­da­de de Vigo e supón a cul­mi­na­ción dun pro­ce­so de tra­ba­llo no que Olaya Mar­tí­nez Sán­chez demos­trou unha admi­ra­ble capa­ci­da­de ana­lí­ti­ca, un pro­fun­do coñe­ce­men­to da pro­fe­sión e unha gran madu­rez inves­ti­ga­do­ra. É sen dúbi­da unha tese que mar­ca­rá un antes e un des­pois no estu­do da tra­du­ción xura­da no con­tex­to his­pá­ni­co e euro­peo. O tri­bu­nal ava­lia­dor esta­rá com­pos­to polo pro­fe­sor dou­tor David Pérez Bláz­quez (Uni­ver­si­tat d’A­la­cant), que actua­rá como pre­si­den­te; o pro­fe­sor dou­tor Ramón Mén­dez Gon­zá­lez (Uni­ver­si­da­de de Vigo), que exer­ce­rá como secre­ta­rio; e da pro­fe­so­ra dou­to­ra Gise­lla Poli­cas­tro Ponce (Uni­ver­si­dad de Cór­do­ba), como vogal.

 

Hoxe, mar­tes 22 de xullo de 2025 terá lugar a defen­sa da tese de dou­to­ra­men­to de Olaya Mar­tí­nez Sán­chez, titu­la­da De la inter­pre­ta­ción a la para­tra­duc­ción jura­da: apro­xi­ma­ción dia­cró­ni­ca y sin­cró­ni­ca al ejer­ci­cio de una pro­fe­sión. Esta inves­ti­ga­ción des­en­vol­veu­se no marco do Pro­gra­ma de Dou­to­ra­men­to en Tra­du­ción e Para­tra­du­ción da Uni­ver­si­da­de de Vigo e foi codi­ri­xi­da por Xoán Manuel Garri­do Vila­ri­ño e por min, Óscar Ferrei­ro Váz­quez.

Trá­ta­se dunha tese rigo­ro­sa, ambi­cio­sa e pro­fun­da­men­te com­pro­me­ti­da cunha reali­da­de pro­fe­sio­nal tan com­ple­xa como pouco estu­da­da: a da tra­du­ción xura­da. Olaya reali­zou un tra­ba­llo exce­len­te, resul­ta­do dun pro­ce­so de inves­ti­ga­ción cons­tan­te, sis­te­má­ti­co e guia­do por unha sóli­da pers­pec­ti­va crí­ti­ca.

Unha ache­ga inte­gral á tra­du­ción xura­da e á súa dimen­sión para­tex­tual

A par­tir da súa expe­rien­cia como pro­fe­sio­nal en acti­vo, a auto­ra pro­pón unha aná­li­se tanto dia­cró­ni­ca como sin­cró­ni­ca da tra­du­ción xura­da, coa inten­ción de tra­zar unha his­to­ria ins­ti­tu­cio­nal, nor­ma­ti­va e fun­cio­nal da figu­ra do tra­du­tor xura­do, ao tempo que exa­mi­na o seu exer­ci­cio actual desde un enfo­que meto­do­ló­xi­co que inte­gra a noción de para­tra­du­ción, a socio­lo­xía das pro­fe­sións e a teo­ría do cor­pus.

Un dos eixes cen­trais da inves­ti­ga­ción é o estu­do dos ele­men­tos para­tex­tuais que acom­pa­ñan a tra­du­ción xura­da —como o selo, a cer­ti­fi­ca­ción, a firma ou o for­ma­to docu­men­tal— e que desem­pe­ñan un papel esen­cial na súa vali­da­ción legal e per­cep­ción públi­ca. Estes ele­men­tos son ana­li­za­dos non só como con­ven­cións téc­ni­cas, senón como mar­cas iden­ti­ta­rias dun pro­fe­sio­nal que opera nun espa­zo ten­sio­na­do entre as esi­xen­cias da lega­li­da­de ins­ti­tu­cio­nal e a fle­xi­bi­li­da­de das rela­cións comer­ciais coa clien­te­la.

A par­tir dunha ampla revi­sión his­tó­ri­ca, a tese recons­trúe a evo­lu­ción da figu­ra do tra­du­tor xura­do dende os pri­mei­ros intér­pre­tes vin­cu­la­dos ao poder esta­tal até a con­so­li­da­ción da tra­du­ción cer­ti­fi­ca­da como prác­ti­ca espe­cia­li­za­da. Así mesmo, median­te un cor­pus empí­ri­co basea­do en máis de 2 500 docu­men­tos tra­du­ci­dos entre 2015 e 2023, Olaya Mar­tí­nez Sán­chez ana­li­za o exer­ci­cio real da pro­fe­sión, iden­ti­fi­can­do prác­ti­cas reco­rren­tes, con­di­cio­nan­tes for­mais e deci­sións tra­du­to­ló­xi­cas influen­cia­das esó­xe­nas ao texto.