A historia do tempo presente, a Shoah e a paratradución: o proceso de construción das narrativas sobre o xenocidio

Referencia bibliográfica

Schurs­ter, Karl y Ferrei­ro-Váz­quez, Óscar (2023).  «La his­to­ria del Tiem­po Pre­sen­te, la Shoah y la para­tra­duc­ción: el pro­ce­so de cons­truc­ción de las narra­ti­vas sobre el geno­ci­dio». Estu­dos Ibero-Ame­ri­ca­nos, 49(1), pp. 1–17. e43357.  e‑ISSN: 1980–864X | ISSN‑L: 0101–4064.  DOIhttps://doi.org/10.15448/1980–864X.2023.1.43357

Lin­gua de publi­ca­ción:

espa­ñol

Resumo

Este arti­go ten como obxec­ti­vo o estu­do da rela­ción entre a His­to­ria do Tempo Pre­sen­te, os estu­dos do Holo­caus­to e a para­tra­du­ción. Busca evi­den­ciar como as aná­li­ses ela­bo­ra­das a par­tir de inves­ti­ga­cións sobre xeno­ci­dios afon­da­ron en todas estas áreas de coñe­ce­men­to. Os nosos enfo­ques, median­te unha pers­pec­ti­va biblio­grá­fi­ca e de recom­pi­la­ción de tra­ba­llos ao longo da segun­da meta­de dos sécu­los XX e XXI, bus­ca­ron entre­la­zar a his­to­ria des­tas áreas, des­ta­can­do as difi­cul­ta­des que cada unha delas tivo para emer­xer no tempo e no espa­zo en canto a cate­go­rías e con­cep­tos. Ade­mais de pre­sen­tar a para­tra­du­ción como unha meto­do­lo­xía mul­ti­pers­pec­ti­va, o noso obxec­ti­vo foi enten­der como un termo nor­mal­men­te per­ten­cen­te ao campo lin­güís­ti­co e tra­du­to­ló­xi­co dia­lo­ga coa His­to­ria do Tempo Pre­sen­te e como ambas dis­ci­pli­nas se inter­re­la­cio­nan cos estu­dos da Shoah, que, en certa medi­da, esti­ve­ron liga­dos á orixe des­tas dúas corren­tes.